César Posada Figueiras

Natural de Valladares (Vigo), comenza os seus estudios musicais na Unión Musical de Valladares ós 12 anos, cós profesores D. José Iglesias Ramilo é D. Antonio Vázquez Raña, na especialidade de clarinete.

Ós 17 anos ingresa no Conservatorio de Música de Vigo, onde realiza os seus estudios obtendo as titulacións de Grado Profesional e Superior cós profesores, D. Roberto Noche García, D. Francisco Pérez Rodríguez e Asterio Leiva Piñeiro.

Realizou numerosos cursos de Especialización de Clarinete con D. Josep Sancho, D. Carles Riera, D.Vicente Alberola, D. Antonio Saiote.

Realizou Seminarios Internacionais de Clarinete impartidos por D. Joan Enric Lluna e D. Michael Harris.

Asistiu o Master en Interpretación de Clarinete impartido por D. José Luis Estellés, Masterclass de Clarinete impartida por Viena Clarinet Connectión é Curso de Música de Cámara na Escola de altos estudos Musicais de Santiago de Compostela impartido por D. Alexander Gold.

Conseguiu os seguintes premios como clarinetista: 1º Premio no Certamen de Xóvenes Intérpretes Solistas Xosé Valcárcel (A Estrada).(2006) 1º Premio no Concurso de Interpretación Solista da Federación de Bandas de Vigo.(2002) 2º Premio no Concurso de Solistas da Federación de Bandas de Galicia. (2004) 3º Premio no Concurso de Solistas da Federación de Bandas de Galicia. (2005)

Como profesional desempeñou a sua labor : Banda Municipal de Santiago Conservatorio de Cambados Escola Municipal de Caldas de Reis Escola Municipal de Sanxenxo

No campo da Dirección realizou cursos cos Mestres D. Rafael Pascual Vilaplana , D. Marcel van Bree é D. James Roos.

Dende o 2011 é Director titular da Banda Municipal de Arbo, donde gañou o 1º premio no certamen da Diputación de Pontevedra no ano 2012 é o2º premio no certamen Galego de bandas de música no ano 2015.

Na actualidade é director da Banda e da Escola Municipais de Arbo é Director da Unión Musical de Valladares.