Rubén Comesaña Riveiro

Comeza a súa andaina musical aos 10 anos, e aos 12 xa está percorrendo  a xeografía galega, España, Portugal e Francia como percusionista.

Recibe clases de percusión, composición e dirección nos Conservatorios Profesional  e Superior da cidade de Vigo da man de mestres como     Chuco (percusión tradicional), Carlos Castro, Marcos Vázquez, Marcos Corbacho, Bernat Sentamans, Pere Sanz, Marcos Valcárcel, Jose Trigueros, Javier Viceiro e Angel Montes.

Fixo varios cursos como o Curso “Estrategias Didácticas para la Mejora de las Capacidades en las Diferentes Etapas Educativas na Universidad Camilo José Cela, o Curso técnica Alexander y Estudio Musical , o Curso de Percusión impartido por a Escuela de Música Ateneo Musical de Bembrive en diciembre de 2008 , os Cursos II e IV de especialización musical na especialidade de percusión,  feitos pola federación galega de bandas de música populares impartido por Marcos Varcalcel,  nos anos 1999 e 2002. No Conservatorio profesional de Vigo, fixo un curso de 10 meses de Iniciación a Dirección para Banda impartido por D.Javier Viceiro no ano 2008.

Como músico, tocou como percusionista acompañante no programa Veo Veo da Televisión autonómica. No verán do 2012 acompaña en varios concertos aos grupos de música pop La década prodigiosa, e El sueño de Morfeo.

Foi co-creador e músico do grupo folk Baydheson, onde tamén compuxo seis dos temas do citado grupo, e no 2009 foi membro do grupo de música pop-rock Código Zero, onde ademáis de músico, foi arranxista e compositor  de varios temas. Dende entón, colaborou con diversas bandas de música  de toda Galicia. En xuño de 2010 acompañou á Unión Musical De Valladares no certame internacional da cidade de Valencia no que acadaron o primeiro premio na sección especial, ao igual que no certamen galego, e no ano 2017 acompañou a Unión Musical de Valladares ao Certamen Internacional Vila de Altea, tocando como solista na marimba o fragmento da obra Extreme Make-Over  do compositor Johan de Meij.

No 2012 debuta como solista coa banda do CMUS Superior De Vigo, interpretando a obra de Darius Milhaud, Concierto para batería y orquesta.

No ámbito da composición,  destacan as súas obras    El Pantano, para    quinteto de corda quinta, vento e percusión; Muiñeira para nós, A Marosa, Veleno (tema pop-rok estreado na tvg) , Casiterides de Herodoto (as illas dos deuses) baseada nas Illas Cíes, e estreada pola banda de música do CMUS Profesional de Vigo, e a súa última composición para banda sinfónica no ano 2022 "Rexurdimento". Dende anos leva feito diversos arranxos para grupo de percusión.

Como docente impartíu clases de percusión nas escolas de música de Valladares, Bembrive, Belesar,así como no Conservatorio de Música “Victor Ureña” de Redondela e no Conservatorio de Música  de O Carballiño.

Na actualidade imparte clase de percusión no Cmus Valladares, e forma parte de Na Maleta,  espectáculo musical de Abmiram Quartet, así como do grupo de fusión soul/ska-p "Skarajazz".